galego  castellano  english
O CGAC     Información     Servizos     Amigos do CGAC     Prensa     Mapa web    
cgac cgac cgac cgac cgac cgac cgac


cgac

cgac cgac


cgac

SUR LE DANDYSME AUJOURD´HUI

15 xaneiro - 21 marzo 2010
Rolda de prensa: 15 xaneiro, 12 h/ Inauguración: 20 h

A exposición ten como propósito evidenciar os conceptos e estratexias herdadas do dandismo que se atopan no traballo e a actitude de artistas contemporáneos e tamén a permanencia da iconografía e a temática proveniente da literatura do dandismo.




ESPECTRAL. Parte I

15 xaneiro - 21 marzo 2010
Rolda de prensa: 15 xaneiro, 12 h/ Inauguración: 20 h

Baixo a protección das máscaras mortuorias de Arnulf Rainer de 1985 proponse unha relectura dos fondos do CGAC co título Espectral. A mostra, que reúne obras de medios tan distintos como o debuxo, a pintura, o vídeo, o gravado e a escultura, ábrese a diferentes perspectivas sobre a memoria como sistema conceptual e perceptivo cuxa recepción a arte consegue densificar.




NADAL: CINEMA DE ANIMACIÓN FEITO EN GALICIA

29 decembro 2009 - 4 xaneiro 2010

O CGAC, en colaboración coa AGADIC, proxectará no vindeiro Nadal unha selección de curtametraxes e dúas longametraxes galegas de animación.



TALLERES DE NADAL

29 decembro 2009 / 5 xaneiro 2010

Os talleres están dirixidos pola educadora de museos Clara Rodríguez e o músico Manolo Ponforreteiro.
Inscrición a partir do 18 de decembro



MIGUEL VON HAFE PÉREZ, NOVO DIRECTOR DO CGAC

Miguel von Hafe Pérez foi nomeado director do Centro Galego de Arte Contemporánea pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia o pasado 2 de novembro trala ratificación do padroado do centro. 



SEMINARIO DE FOTOGRAFÍA

20 outubro - 26 novembro 2009

O CGAC organiza un Seminario dirixido a profesorado de Educación Secundaria no que achegarse á evolución da fotografía así como a algunhas das posibilidades que este medio ten como ferramenta didáctica.



ONDE VAN OS PERSONAXES CANDO REMATA A NOVELA?

8 outubro 2009 - 31 xaneiro 2010
Rolda de prensa: 8 outubro, 12h / Inauguración: 20h

As obras de Dora García fan fincapé na comunicación entre o artista e o seu público: a arte xa non representa o mundo senón que se converte en produtora de realidades.



FAMILIAR FEELINGS. SOBRE O GRUPO DE BOSTON

24 setembro 2009 - 3 xaneiro 2010
Rolda de prensa: 24 setembro, 12h / Inauguración: 20h

Retrato dun momento fundamental: o último alento da liberdade moral e sexual nacida dos sesenta, xusto antes da crise que suporía a irrupción da sida.



CREACIÓN E NEOVANGARDAS (1945-1980)

29 setembro 2009 - 26 xaneiro 2010

Con esta nova proposta o CGAC dá continuidade ao programa de formación Aproximación á creación, dirixido por María Álvarez Cebrián, que o pasado curso se centrou no estudo das denominadas vangardas históricas desde 1900 a 1945.



TALLERES DE LECER

xullo - agosto 2009

Novo prazo de inscrición
Os talleres son unha proposta para a experimentación artística e a aprendizaxe coa que poder xogar, coñecer, comunicarse e crear ao longo de catro días.



1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13



inicio
cgac