galego  castellano  english
O CGAC     Información     Servizos     Amigos do CGAC     Prensa     Mapa web    
Programas educativos | Talleres | Espazo de proxectos | Cursos e seminarios | Cine e vídeo | Inscrición
cgac cgac cgac cgac cgac cgac cgac


cgac

cgac cgac


cgac

SEMINARIO DE FOTOGRAFÍA



20 outubro - 26 novembro 2009

A fotografía acadou todos os ámbitos da sociedade, desde os públicos aos privados chegando a converterse na actualidade nun soporte privilexiado para a sociedade da comunicación e a cultura de masas. Ademais grazas a ela, desenvolvéronse toda unha serie de códigos audiovisuais indispensables para entender a cultura e a arte dos séculos vinte e vinte un.

Dada a súa importancia, o CGAC organiza un Seminario dirixido a profesorado de Educación Secundaria no que achegarse á evolución da fotografía, a diferentes plantexamentos artísticos así como a algunhas das posibilidades que este medio ten como ferramenta didáctica.

O seminario celebrarase nos meses de outubro e novembro de 2009 coincidindo coa exposición Familiar Feelings. Sobre o grupo de Boston. Nela recóllese o traballo, sobre todo fotográfico, dunha serie de artistas ligados a movementos contraculturais que coincidiron nesa cidade americana a finais da década dos anos setenta e principios dos oitenta e que influiron de xeito decisivo nos usos de representación de finais do século pasado. A súa achega fundamental foi converter en narrativas atractivas motivos cotiáns que ata aquel momento nunca se consideraran de interese como asunto dunha peza de arte.

O seminario xunto coa exposición permitirán un achegamento á fotografía desde visións diferentes achegadas por Andrea Costas, Victoria Diehl, Fran Herbello, Manuel Sendón e Xosé Luis Surárez Canal.

Horario
Ponentes
Inscrición



Actualizado o 04.10.2009



inicio
cgac