galego  castellano  english
O CGAC     Información     Servizos     Amigos do CGAC     Prensa     Mapa web    
cgac cgac cgac cgac cgac cgac cgac


cgac

cgac cgac


cgac

INAUGURACIÓN: SALIR A



10 maio - 24 xuño 2007
Inauguración: 10 maio, 20h

A atención á paisaxe conforma unha das liñas da programación do CGAC dende o ano 2006. Con cursos, seminarios, publicacións, novas producións e obradoiros o centro leva meses traballando nun ámbito capital para Galicia: a natureza e a súa interacción cos feitos socio-históricos que compoñen iso que chamamos paisaxe. Mediante esta liña de producións e exposicións o CGAC trata de poñer en valor o feito diferencial da paisaxe dende o punto de vista tradicional, social, cultural e, sobre todo, patrimonial. Así xorde Salir a, un proxecto que trata de afondar na paisaxe singular da Ribeira Sacra, e que suporá a primeira dunha futura serie de intervencións paisaxísticas permanentes. O obxectivo é realizar unha mostra con traballos de Gérald Dederen, Jean-François Laporte, Fernando Suárez Cabeza, Mark Manders e Isabel Aguirre, onde o espectador poderá mergullarse nas evocacións, nas sensacións e nas presenzas visuais, táctiles e sonoras da paisaxe.
Segundo unha das teorías que circulan sobre as orixes da Ribeira Sacra, a noticia deste topónimo chéganos grazas ao documento fundacional do mosteiro de Montederramo de 1124, no que dona Tareixa de Portugal, filla de Alfonso VI,  e o seu segundo esposo, o conde galego Fernando Pérez, ceden un terreo situado en locum qui dicitur Rovoira Sacrata, qui est in Monte de Ramo (un lugar chamado Rovoira Sacrata situado no monte de Ramo). Neste documento Rovoira, derivada de robur (carballo), fálanos do bosque sagrado de carballos ou carballeira sagrada, que hoxe lle dá o seu nome á Ribeira Sacra. 
Salir a proponse achegarnos a esta paisaxe coa bagaxe cultural que a historia foi acumulando, non soamente xerando unha experiencia estética persoal baseada en sentir, ver e escoitar a natureza (entendida xa como feito cultural), senón ademais creando unha nova experiencia estética na que están implicadas distintas disciplinas artísticas e outras visións da paisaxe. No periplo exploratorio conformado por esta exposición poderemos comprobar ao final que somos nós, só nós,  os que –dende a nosa sensibilidade, o noso xeito de percibir o mundo e o que nos rodea–en verdade creamos a paisaxe.


Actualizado o 09.05.2007



inicio
cgac