galego  castellano  english
O CGAC     Información     Servizos     Amigos do CGAC     Prensa     Mapa web    
cgac cgac cgac cgac cgac cgac cgac


cgac

cgac cgac


cgac

JORGE MACCHI. ANATOMÍA DA MELANCOLÍA



8 maio - 13 xullo 2008
Rolda de prensa: 8 maio, 12h / Inauguración: 20h

Na lóxica de Jorge Macchi (Bos Aires, Arxentina, 1963) canto máissimple e limpo é un obxecto, máis referencias persoais e sentimentaiscontén. Dese xeito o considera Gabriel Pérez-Barreiro, comisario daexposición Jorge Macchi. Anatomía da melancolía,unha retrospectiva artellada ao redor dun conxunto de pezas tandelicadas como significativas. A mostra, a primeira retrospectiva doartista e realizada en colaboración co Blanton Museum de Austin (Texas,EUA), pode verse no soto do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)e na veciña Igrexa de Bonaval.

Hai algúns anos xa que Macchi éun artista coñecido e recoñecido por público, crítica e coleccionistaspúblicos e particulares; antes incluso de participar na Bienal deVenecia de 2005 como representante arxentino. Esta mostra no CGAC, talcomo sinala o comisario Gabriel Pérez-Barreiro, supón a primeiraoportunidade de coñecer o conxunto do traballo desenvolvido por JorgeMacchi desde principios da década dos noventa até a actualidade. Untraballo que abala entre a máis sofisticada conceptualidade e un fondocontido emocional. Jorge Macchi bota man de diferentes formatos emateriais –fotografía, vídeo, instalacións, libros de artista– e colocaao espectador ante un referente cotián que, sen embargo, trala sutilintervención artística, revélase excepcional. Pode ser o caso dunhaalmofada tensada con cinco cordas na desacougante Pentagrama (1993) ou das dúas caixas de mistos perfectamente ordenados en Vidas paralelas (1998).

Tensión,conflito e ausencias. A obra de Macchi tense asociado á nostalxia e,incluso, á tristura. A súa propia biografía, con diferentes residenciasdesde o ano 1996 en Holanda, Italia, Alemania, Francia, Inglaterra eEstados Unidos, converteuno nunha sorte de viaxeiro que debe construiro seu espazo vital tras entender que este non existe. Traballos comoGuía de la inmovilidad ou Buenos Aires Tour, ambos de 2003, afondannesa idea do artista camiñante e urbano que redescobre a súa cidadetras a desaparición dos puntos de referencia preexistentes. Outraspezas como Monoblock (2003) ou Still Song(2005) teñen na ausencia a sua esencia, nun caso a través denecrolóxicas cos nomes borrados e no outro a través do remate dunhafesta que non se vai volver repetir.

Pero sen dúbida é o azar,o accidente como desencadeante, o que para boa parte da crítica que tenpousado a súa ollada en Macchi destaca na obra do arxentino. Non setrata de que o azar constrúa a súa obra, senón da reflexión do artistasobre o peso dos accidentes imperceptibles no devir dos acontecementos.Nalgúns casos o artista xoga co azar creando unha ficción como ocorrecon Accidente en Rotterdam(1996-1998); outras veces intenta obsesivamente loitar contra el comocando presenta dous vidros fragmentados de maneira idéntica na serie Vidas paralelas (2003); e no caso dos buracos das follas de pentagrama en Canción marginal (2004) a súa colocación aleatoria determinará ou non o nacemento dunha melodía.

Segundoo propio Macchi recoñece, o tema do efémero é unha constante no seuproceso de creación, que comeza case sempre cunha imaxe que se impón demaneira obsesiva. Unha imaxe que sempre pertenceu á paisaxe cotiá doartista –e xeralmente tamen á do público– e que, nalgún momento,modifica o significado na súa imaxinación. “Canto máis familiar sexa oobxecto e canto menor sexa a miña acción sobre el, creo que a obra émáis efectiva, máis enigmática”, apunta o artista.

A música e asúa inclusión na obra de Macchi apuntalan ese enigma ao que faireferencia Jorge Macchi. A música foi unha linguaxe moi presente navida do artista durante o tempo da adolescencia, en particular debidoao piano que tocaba habitualmente. Na obra desenvolvida conposterioridade a música serve de contrapunto ás situacións ou aosobxectos escollidos; dalgún xeito responde á necesidade do artista depoñer orde no caos e no azar. Porén, o resultado en moitas das pezas éunha ambigüidade adicional proporcionada ao incluír o son: a peza parapiano que nace dos espazos baleiros que deixan as noticiassensacionalistas en Música incidental (1997), as notas que xorden dunha grande avenida en Caja de música (2004), as liñas de pentagrama ascendentes en La ascensión (2005), a banda sonora repetitiva xurdida ao mesturar diferentes finais de películas de Hollywood dos anos corenta en Time Machine (2005, Colección CGAC) ou o violoncello do vídeo Streamline (2006), producida en colaboración co músico Edgardo Rudnitzky.

JorgeMacchi estudiou na Escola Nacional de Belas Artes de Bos Aires,recibindo no ano 1987 o título de profesor de pintura. Actualmente vivee traballa na capital arxentina, se ben en 1996 iniciou un periplo devarios anos con diversas residencias artísticas en Europa. O desexo deprobarse a si mesmo en novos contextos e o sentimento de desprazadoacompañarano na sua traxectoria posterior, tal como indica GabrielPérez-Barreiro. Entre as súas últimas exposicións individuais, ademaisda instalación La ascensión na Bienal de Venecia de 2005, pódense citarDoppelgänger (Casa Encendida, Madrid, 2005; Galería Ruth Benzacar, Bos Aires, 2005), Time Machine (Galería Distrito4, Madrid, 2005; Galería Kilchmann Martin, México DF, 2006) e Gallery Nigth(Galería Luisa Strina, São Paulo, 2007). Asímesmo continúa a súa liñade colaboración co compositor Edgardo Rudnitzky co proxecto The Singers’ Room (GalleriaContinua, San Gimgnano, Italia, 2008).  O seu traballo forma parte de,entre outras, as seguintes coleccións: Tate Modern en Londres, Museo deArte Moderno de Bos Aires, Museo de Arte Contemporáneo de Anveres(MUHKA), Fundación Arco en Madrid, Blanton Museum of Art en Austin(Texas) e Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago deCompostela.


Jorge Macchi. Anatomía da melancolía,retrospectiva que se presentou na 6ª Bienal de Mercosul (Porto Alegre,Brasil, 2007) e posteriormente no Blanton Museum de Austin (Texas, EUA,2007-2008) poderá visitarse no CGAC e na Igrexa de Bonaval até o 13 dexullo de 2008. Nesta ocasión a mostra verase notablemente enriquecidarespecto ás montaxes de Porto Alegre e Austin coa incorporación daigrexa como espazo expositivo outorgando unha nova perspectiva paraintensas e misteriosas pezas de Macchi como La flecha de Zenón (1992, en colaboración con David Oubiña) Fin de Film (2007) ou Tiempo real (2007).A mostra presentanos máis de corenta obras realizadas desde osprimeiros noventa e que conforman un conxunto tremendamente barroco, apesar da súa raizame conceptual, e artificioso, a pesar da sínteseformal que o caracteriza.

Jorge Macchi cre que todos osartistas realizan ao longo da súa vida unha obra de arte que non é ninmáis nin menos que un obsesivo autorretrato. Nese labor, o artistadeixa ao espectador en suspenso ante elementos recoñecibles, mediados eprocesados polo seu imaxinario. A exposición no CGAC acompañarase dunhapublicación con textos do comisario Gabriel Pérez-Barreiro, que foicomisario xefe da 6ª Bienal de Mercosul, responsable de artelatinoamericano do Blanton Museum de Austin e recentemente foi nomeadodirector da Colección Cisneros, (radicada en Nova York e unha das máisprestixiosas do mundo en canto á arte de América Latina) e do directordo CGAC, Manuel Olveira.


Actualizado o 02.05.2008



inicio
cgac