TÁBULA RASA. NOVAS PRÁCTICAS TRANSDISCIPLINARES

2-4 outubro 2008
Tábula rasa. (Loc. lat.).
1. f. táboa rasa (entendemento sen cultivo nin estudos).
Tábula rasa é un ciclo vertebrado en torno á idea de transversalidade, tanto por ser eventos pouco habituais no marco dun centro de arte como pola hibridación que ofrecen algunhas das propostas. Trátase dunha visión heteroxénea de prácticas que se sitúan na fronteira do puro/impuro. Como no aforismo de orixe latina
tábula rasa o espectador ha de borrar todo o aprehendido e deixarse sorprender polas diferentes propostas con absoluta liberdade, sen necesidade de buscar un algo especial senón enfrontándose de maneira desinhibida co que lle sae ao paso, en resumo, un vagabundeo máis que un paseo estético. Ante estas producións mestizas compre esquecerse dos pequenos caixóns rotulados con categorías para así mergullarse nun caixón de xastre no que atopar (máis que buscar) novas sensacións.
Conforman
Tábula rasa actividades que poderían ser máis propias do mundo do espectáculo ou de ámbitos artísticos afastados da práctica museística: o uso da escena, da palabra ou o manexo de materiais inusuais e o desenvolvemento de presupostos herdados doutras tradicións externas á práctica artística definida como tal e que entroncan tanto coa cultura popular como coas mitoloxías individuais ou a autoxestión.
O programa articulase en dúas partes diferenciadas que se desenvolven en cada día do ciclo. As actuacións que se ofrecen en primeiro lugar encádranse en espectáculos de fusión nos que cada un dos artistas aporta a súa colaboración dentro dun discurso común: Yolanda Castaño acompañada do grupo musical Sulxeitos, o espectáculo
Late e a presentación do colectivo lituano Sintezija. A oferta complétase con varias propostas de músicos
noise -a parella formada por Scumearth e Bonesfield, Batur Sönmez, Joaquín, Lana e Arnaud Rivière-, que traballan co ruído como un modo de expresión artística.
Fran Álvarez e María Pose
ArtistasProgramaActualizado o 25.09.2008