Carrusel de cabeceira

Biblioteca.jpg
Foto da biblioteca
Foto da biblioteca
Foto da biblioteca
Foto da biblioteca
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Biblioteca Información

Suxestión da bibliotecaria

Karina Ochoa Muñoz (coord.)
Akal - 2019

A biblioteca do CGAC, situada na primeira planta, conta cunha colección especializada en arte e cultura contemporánea. Este servizo está dirixido a persoas investigadoras, estudantes e ao público en xeral, á vez que serve de apoio ás exposicións e actividades realizadas no centro.

O fondo documental está formado por máis de 25.000 títulos entre catálogos, monografías de artistas, libros de historia e teoría da arte, catálogos de feiras, revistas especializadas nacionais e internacionais, material audiovisual e folletos, así como programas de actividades de distintos museos, convocatorias de premios e concursos.

    Medidas de hixiene e seguiridade da biblioteca

    Permitirase o acceso libre á colección de acceso directo, segundo as normas habituais establecidas pola biblioteca. Antes e despois de manipular cada material deberanse lavar ou desinfectar as mans.

    As persoas usuarias utilizarán preferentemente os seus propios auriculares e aparellos electrónicos.

    NORMAS DE USO

    • O acceso é libre e gratuíto para calquera persoa interesada, aínda que será obrigatorio respectar as normas básicas de comportamento co fin de non molestar nin poñer en perigo o material nin a integridade dos fondos da biblioteca.
    • A sala será utilizada para ler e investigar sobre as disciplinas vinculadas ás prácticas artísticas contemporáneas.
    •  Antes de acceder á sala de lectura, deberán depositar as súas bolsas, bolsos de man ou mochilas nos armarios ou na recepción do centro.
    •  Pódese acceder con ordenadores portátiles e móbiles sempre que se desconecte o son destes dispositivos. Se necesitan facer ou atender unha chamada, deberán abandonar a sala de lectura.
    •  Os fondos deben ser consultados sempre na sala de lectura xa que non existe o préstamo a particulares.
    •  Os recursos informáticos están dispoñibles para consultar o catálogo da biblioteca e acceder a información sobre temas relacionados coa arte ou a cultura contemporáneas.
    •  Non está permitido comer na sala de lectura. Si se pode beber sempre que as bebidas non conteñan alcol e estean en recipientes que poidan cerrarse.
    •  O acceso aos distintos servizos finaliza 10 minutos antes do peche da biblioteca.
    •  O acceso a Internet a través do ordenador da biblioteca terá un límite de 30 minutos.

     

    SERVIZOS

    • Consulta na sala
    • Información bibliográfica
    • Reprodución de fondos
    • Acceso a Internet
    • Conexión wifi
    • Préstamo interbibliotecario restrinxido
    • Visitas de grupo á biblioteca tras concertar cita

     

    PREGUNTAS FRECUENTES

     

    • Como acceder? A biblioteca encóntrase na primeira planta do edificio. Accédese a través dunha porta corrediza situada na recepción do centro. Existe un ascensor que permite o acceso de persoas con mobilidade reducida.
    • Quen pode visitar a biblioteca? Todas aquelas persoas interesadas na arte e a cultura contemporáneas. O acceso é libre e gratuíto, non se precisa un carné.
    • Que horario ten? No inverno está aberta de martes a venres, de 11 a 15 h, e de martes a xoves, de 16 a 18 h, e no verán, de 11 a 15 h.
    • Pódese acceder con ordenador portátil? Si, pódese. Ademais existe conexión wifi.
    • Pódense levar prestados materiais para a casa? Non, non existe o préstamo a particulares.
    • Pódese consultar material audiovisual? Si, solicitándollo previamente ao persoal.
    • Pódese fotocopiar? Si, a reprodución das obras que constitúen o fondo da biblioteca está permitida, coas reservas que establece a lexislación aplicable en materia de propiedade intelectual e dereitos de autor. A porcentaxe reproducida de cada obra, en ningún caso, poderá exceder do 10 % do total. Non está permitida a reprodución dos materiais especiais, que deben ser solicitados ao persoal da biblioteca. 
    • Pódense facer fotografías? Si, o uso das imaxes obtidas por este procedemento debe respectar a normativa vixente en materia de propiedade intelectual e dereitos de autor.

     

    Horario

     

     

    Inverno

    • martes a venres. De 11 a 15 h.
    • De martes a xoves. De 16 a 18 h.

    Verán

    • Do 15 de xuño ao 15 de setembro.
    • De martes a venres de 11 a 15 h.

    Contacto

    cgac.biblioteca@xunta.gal
    Teléfono: (+34) 981 546 611